God of War 3 contará cunha impresionante edición de coleccionista
venres, 30 de outubro do 2009
Os seareiros do espartano
Kratos deberán comezar a separar uns cartiños para a chegada de God
of War III, especialmente porque, contará cunha edición
de coleccionista realmente atractiva, que inclúe unha réplica da
Caixa de Pandora e un libro de arte do xogo, á vez que abre o acceso a contidos
dixitais exclusivos: God of War Combat
Arena (modo de xogo cun novo escenario e 7 desafÃos), un skin exclusivo para Kratos chamado Dominus, o documental God of War: Unearthing the Legend Franchise
e unha homenaxe musical (God of War:
Blood and Metal EP). O prezo que vai ter esta edición nos EE.UU. será de
99,99 dólares, polo que é de agardar que o seu prezo europeo estea preto dos
100 euros.
Amais, os usuarios da PlayStation 3 que non puideron probar en persoa a demo
deste agardado xogo durante o E3, a Gamescom, o Tokyo Game Show e outras feiras
de videoxogos que tiveron lugar no presente ano, Sony
ofreceralles a posibilidade de recibir no seu correo electrónico un cupón para
facilitar a súa descarga, para o que hai que subscribirse ao boletÃn
promocional de Sony Computer Entertainment Europe (o que poden facer dende a súa configuración de conta na PlayStation
Network).