GoPro renova as súas cámaras de acción
xoves, 28 de setembro do 2017
O
director xeral de GoPro, Nicholas Woodman, presentou
hoxe en San Francisco as súas novas cámaras deportivas, a HERO6 Black e a
Fusion, que ofrecen novas posibilidades á hora captar en vÃdeo o que acontece
ao noso redor, converténdose en accesorios case imprescindibles para moitos
practicantes de deportes de risco e actividades ao aire libre pola magnÃfica
combinación entre calidade de imaxe, estabilización e simplicidade que ofrecen
estes produtos.
HERO6 Black
A HERO6
Black é a cámara deportiva de GoPro máis potente até o momento, cun
procesador GP1 que facilita a gravación de vÃdeo en 4K a 60 imaxes por segundo
ou incluso de Full HD a 240 imaxes por segundo (permitindo uns efectos de
cámara lenta impresionantes) que en combinación coa estabilización de imaxe
máis avanzada da marca leva a calidade do seu vÃdeo un paso adiante.
A HERO6 Black inclúe un novo zoom táctil, triplica a velocidade da súa Wi-Fi,
pode somerxerse até 10 metros (sen carcasa), mellora o seu funcionamento baixo
pouco luz, conta con modos RAW e HDR, pode controlarse por voz en 10 idiomas e
tamén inclúe GPS, acelerómetro, xiroscopio e conectividade Bluetooth. O seu
prezo é de 569,99 euros.
Fusion
Pola súa banda a Fusion
é unha cámara de vÃdeo esférico en 5,2K a 30 imaxes por segundo (ou 3K a 60
imaxes por segundo) que é resistente á auga (somerxible até 5 metros). A cámara
tamén pode disparar fotografÃa esféricas de 18 MpÃxeles, recolle audio en 360
graos, permite gravar vÃdeos time lapse,
pode controlarse por voz en 10 idiomas, integra GPS, acelerómetro, xiroscopio e
compás, e ten conectividade tanto Wi-Fi como Bluetooth. Chegará ao mercado a
primeiros de 2018 e o seu prezo será de 749,99 euros.
- A GoPro Fusion permitirá gravar vÃdeo de 360 graos en 5,2K