GoPro facilita as gravacións a vista de can

martes, 26 de agosto do 2014 Marcus Fernández

As cámaras deportivas que permiten rexistrar experiencias en primeira persoa xa non son exclusiva dos seres humanos, pois dende GoPro tamén pensan nas nosas mascotas, e veñen de incorporar ao seu catálogo un arnés para cans que permite que poidamos realizar gravacións a vista de can. Este accesorios compatible con todas as cámaras de GoPro véndese por 69 euros.
O arnés podo colocarse de distintos xeitos (baixo o peito ou sobre as costas), para poder gravar distintas accións do noso can, dende os seus xogos máis movidos até roendo osos, non tendo que preocuparse porque o accesorio saia mal parado por mor da auga ou a lama, xa que é totalmente lavable.
Este trebello pode axustarse para cans de entre 7 e 54 quilogramos, con numerosos puntos de axuste para que resulte cómodo para a nosa mascota e a base pectoral pode extraerse para que non resulte molesta para os cadelos máis cativos.

Co novo arnés resulta doado colocar unha cámara GoPro no lombo do noso can


Vídeo de presentación do arnés canino de GoPro

PUBLICIDADE