Gigabyte prepara novos ordenadores de sobremesa para gamers
martes, 27 de decembro do 2016
Os que desexen un ordenador de sobremesa para xogar non
teñen por que recorrer a equipos de grandes dimensións, senón que tamén existen
opcións moi atractivas que consisten equipos de tamaño reducido e deseño
coidado que teñen potencia dabondo para tirar proveito dos últimos xogos para
PC, pero dando a impresión de que temos diante unha consola de videoxogos.
Nesta liña temos a gama BRIX
de Gigabyte, que xa podemos ver na web chinesa da compañÃa, que estará
dispoñible en potentes tarxetas gráficas nVIDIA 1070 ou 1080 con 8 GB de
memoria, de xeito que non terÃa problemas para mover xogos en 4K ou sistemas de
realidade virtual.
Estes novos ordenadores de Gigabyte funcionan con procesadores Intel Core
i7-6700K (de 4 núcleos a 4 GHz), 16 GB de RAM, unha unidade SSD M.2 de 240 GB e
un disco duro de 1 TB (7.200 rpm), Wi-Fi AC, Gigabit Ethernet, 1 porto USB-C, 1
porto USB 3.1, 3 portos USB 3.0, toma para auriculares e micrófono e unhas
dimensións de só 384 x 276 x 128 milÃmetros (o que supón un volume aproximado
de 10 litros).
O curioso deseño destes equipos non buscarÃa só ser rechamante, senón que tamén
terÃa certa funcionalidade, de xeito que en momentos nos que o rendemento do
ordenador chegue ao máximo, abriranse automaticamente as súas comportas
superiores para permitir unha maior circulación de aire, contribuÃndo asà á
refrixeración do equipo.