Get Even achegará gráficos foto-realistas ás consolas de nova xeración
mércores, 8 de xaneiro do 2014
Non son poucos os usuarios decepcionados coa estrea da Xbox
One e a PlayStation 4 por amosar xogos que semellan ser simples versións
aumentadas dos da anterior xeración, sen chegar a tirar proveito do potencial
gráfico das novas máquinas, pero iso é algo que acontece con cada cambio de
xeración, pois os xogos feitos en exclusiva para as novas consolas tardan en
chegar e os desenvolvedores tamén se demoran á hora de poder aproveitar o seu
hardware ao máximo, pero parece que en pouco máis dun ano xa veremos auténticas
marabillas se atendemos ao que prometen dende o estudio polaco The Farm 51,
creadores de Painkiller e Deadfall Adventures, que co seu novo xogo
de acción en primeira persoa, Get
Even, pretenden conseguir uns
gráficos dinámicos e foto-realistas.
O xogo mesturará elementos de thriller e
terror nunha historia enfocada nos recordos dos heroes, determinándose a súa
personalidade segundo as opcións que vaian tomando, destacando polo feito de
que nas misións para un xogador outros usuarios poderán sumarse como inimigos,
sendo imposible para o usuario distinguir a humanos de personaxes controlados
pola máquina.
AÃnda que polo momento este tÃtulo que en 2015 chegará para Xbox One,
PlayStation 4 e PC é máis promesa que realidade, o trailer que
vén de estrear é unha boa mostra da súa ambición e do que a nova xeración
de consolas poderá achegar nos vindeiros anos: