Gemei X-900: un reprodutor multimedia portátil que emula vellas consolas de videoxogos

martes, 17 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia portátiles están a ser uns produtos estrela, que cada día inclúen máis prestacións para consolidar unha opción de lecer persoal, e así temos ó Gemei X-900, que permite reproducir música (soportando incluso o formato FLAC, que serve para almacenar música sen perda de calidade), recibir radio FM, ver imaxes en formatos BMP, GIF e JPEG, reproducir vídeos e incluso incorpora unha cámara.
O Gemei X-900 tamén permite o uso de videoxogos, para o que permite reproducir emuladores de consolas de 8 e 16 bits, aínda que o que máis destaca é o feito de que inclúa dous controladores analóxicos.
O reprodutor mide 12,3 x 7,6 x 1,5 cm, pesa 290 gramos, conta cunha pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 480 x 272 píxeles e a súa autonomía para a reprodución de audio é de 25 horas, mentres que co vídeo pode reproducir ata 6 horas continuas.
Os contidos para a reprodución achéganse a través de tarxetas SD e temos así como está a proliferar unha serie de dispositivos dos que non se deciden entre unha consola de videoxogos portátil e un reprodutor multimedia.

PUBLICIDADE