Gears of War vende 1 millón de copias en 2 semanas

venres, 24 de novembro do 2006 Marcus Fernández

O éxito das consolas de videoxogos non se mide só polo número de unidades vendidas, senón polo éxito que acaden os seus xogos, e parece que a Xbox 360 está no bo camiño, xa que o xogo Gears of Wars podería ter vendido 1 millón de copias en só dúas semanas.
O xogo permite ós usuarios tomar o papel de soldados futuristas que loitan contra unha invasión alieníxena, e o seu atractivo xa fixo que mellorase o número de reservas de Halo 2 (que fora o produto con lanzamento máis forte da historia, superando os resultados incluso de películas cinematográficas) e, aínda que Gears of War non superase os 125 millóns de dólares que achegou a secuela de Halo, resulta un bo comezo para un xogo que non ten entregas anteriores.

PUBLICIDADE