Gears of War 4 sairá á venda en o 11 de outubro

mércores, 6 de abril do 2016 Marcus Fernández

Portada de Gears of War 4 adiantada por Entertainment Weekly

Entre os días 18 e 24 de abril desenvolverase unha fase de acceso anticipado á beta aberta de Gears of War 4, que estará en aberto entre os días 25 de abril e 1 de maio para os usuarios Gold de Xbox LIVE, e ante a proximidade para poder catar o xogo antes do seu lanzamento anunciaron a data de lanzamento oficial de Gears of War 4, que chegará ás tendas o 11 de outubro.
Este xogo será o comezo dunha nova saga no universo de Gears of War, que é unha das principais franquías exclusiva das plataformas de Microsoft, que destaca por dar un aproveitamento impresionante do Unreal Engine 4, e para non deixar aos seareiros da saga coa única novidade de pór data ao lanzamento do xogo, tamén revelan o seu deseño de portada a través da revista Entertainment Weekly, onde entrevistaron a Rod Fergusson, responsable do estudio que está a desenvolver Gears of War 4 e que traballou en todos os títulos da triloxía orixinal, aínda que non adiantou moitos detalles sobre a beta aberta, para manter a tensión, deixando claro que desta volta o multi-xogador non será un modo secundario do xogo, senón que está planificado dende o primeiro momento, polo que achegará unha experiencia moi completa.

PUBLICIDADE