Gears of War 4 publica o seu primeiro tráiler con historia

luns, 11 de abril do 2016 Marcus Fernández

Tras confirmarse que Gears of War 4 lanzarase mundialmente o 11 de outubro e adiantarse que os días 18 e 25 de abril botarán a andar a súa beta anticipada e a súa beta aberta, queda claro que este título que está a desenvolver The Coalition está xa a ultimar o inicio desta nova saga, e para ir introducindo aos seareiros de Gears of War nesta nova etapa veñen de estrear o primeiro tráiler con historia de Gears of War 4, que leva por título Mañá, e conecta o legado da familia Fenix (de pai a fillo) e amosando unha pequena ollada ás ameazas que están por chegar.
Ao remate de Gears of War 3 Marcus Fenix imaxinaba o que achegaría o futuro, nun mundo sen guerra, pero neste novo tráiler, ambientado cunha versión do The Sound of Silence de Simon and Garfunkel, podemos ver como a paz foi efémera, e o fillo de Marcus, JD, terá que enfrontarse a novas ameazas que converten de novo ao mundo nun pesadelo.

Tráiler de Gears of War 4 publicado hoxe