Gears of War 4 chega a Xbox One e PC
martes, 11 de outubro do 2016
O
prato forte da Xbox One de cara á campaña de Nadal xa está aquÃ, podendo
mercarse xa Gears
of War 4, que desta volta, na liña da nova estratexia de Microsoft, non
só chega con versión para consola, senón que tamén está dispoñible para PC
dentro do programa Xbox Play Anywhere (ou sexa, que os usuarios que o merquen
en dixital para unha plataforma poderán xogalo tamén na outra sen custo
adicional, e podendo incluso compartir progresos entre ambas). Iso si, par
gozar do xogo en ordenadores persoais recoméndase un equipo bastante potente,
con 8 GB de RAM, e unha gráfica nVIDIA GeForce 970 con 4 GB de memoria ou algo
semellante, aÃnda que cunha GeForce 750 Ti con 2 GB de memoria xa serÃa posible
gozar deste tÃtulo con certa dignidade.
Dado que Gears of War estaba
considerado como unha triloxÃa na que se contaban as aventuras de Marcus Fenix
(Gears of War: Judgement serÃa unha
sorte de spin-off), esta nova entrega
supón o inicio dunha nova saga ambientada 25 anos no futuro, no que será JD
Fenix, fillo do anterior protagonista, o que colla o relevo para defender á
humanidade das novas ameazas monstruosas, para o que contará coa axuda dos seus
amigos Kait e Del.
Gears of War 4 está considerado como
o xogo con mellores gráficos para Xbox One (aÃnda que en PC tamén destaca,
especialmente se temos un equipo capaz de mover gráficos en ultra alta
definición), e presenta unha sólida campaña para un xogador, asà como modos
multixogador tanto cooperativos como competitivos, que presume de manter o xogo
a 60 fotogramas por segundo nas partidas multixogador Versus, deixando clara a
aposta pola acción frenética de Microsoft Studios.
Tráiler de lanzamento de Gears of War 4