Gears Tactics chega a ordenadores persoais
mércores, 29 de abril do 2020
O xogo
Gears Tactics
por fin está dispoñible para ordenadores persoais a través de Xbox Game Pass, a
tenda de Windows 10 e incluso Steam, confiándose
que este xogo de estratexia por quendas poida rematar chegando a consolas a
finais do ano (existe a posibilidade de que sexa un dos tÃtulos de lanzamento de
Xbox Series X).
Este xogo traslada o universo de Gears of War a un xénero moi diferente
ao da acción en terceira persoa, de xeito que temos un xogo de estratexia que
consegue trasladar a sensación de acción propia desta franquÃa, e que sitúa a
acción 12 anos antes do primeiro Gears of War, con cidades do planeta
Sera comezando a sucumbir ante a ameaza da horda Locust.
Neste agresivo xogo por quendas controlaremos un escuadrón que haberá que
mellorar e equipar ao longo das misións para poder ir superando as agresivos batallas
rápidas contra inimigos case imparables e con xefes colosais que mudan por completo
a escala da batalla.
- En Gears Tactics tamén teremos que enfrontarnos a xefes colosais