Gears POP! chega a dispositivos móbiles

xoves, 22 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A franquía de Gears of War chega a móbiles dun xeito moi especial, acompañada por deseños de Funko POP!, de xeito que temos un título de batallas multixogador ambientado no universo de Gears, pero con personaxes coa aparencia dos bonecos cabezóns de Funko que xa son todo un referente da nosa cultura popular.
Gears POP! convídanos a coleccionar e mellorar a máis de 30 heroes e viláns de Gears of War co estilo de Funko POP!, crear pelotóns combinando unidades da CGO e Locust, facer uso de habilidades decisivas (como o burato de emerxencia, que inunda o campo de batalla de infames) e combater en arenas e grandes ligas.
O xogo está xa dispoñible para iOS e para Android (e incluso para Windows 10), podendo descargarse de balde, pero integrando compras dentro da aplicación. Unha aproximación dunha das grandes franquías de Microsoft a un estilo de xogo que trunfa en móbiles con títulos como Clash of Clans, polo que os xogadores familiarizaranse rapidamente coas súas mecánicas, favorecendo así o seu éxito.

Vídeo promocional de Gears POP!

PUBLICIDADE