Gears 5 chegará acompañado por hardware de edición limitada
martes, 6 de agosto do 2019
A franquÃa de Gears of War é unha das grandes bazas
de Microsoft para o presente ano co seu agardado Gears 5, que non
chegará só, senón que virá
acompañado con edicións especiais das diferentes consolas Xbox One que
veñen de darse a coñecer, para que os interesados en facerse con elas poidan
proceder á súa reserva.
Resulta especialmente rechamante a Xbox
One X de 1 TB edición limitada que, aparte de incluÃr a versión de luxo do
xogo Gears 5, ten un espectacular deseño no corpo da consola que busca simular
o logotipo da franquÃa somerxido en xeo, á vez que tamén conta cun mando sen
fÃos cun deseño neve prata con detalles cosméticos que fan que sexa claramente
un produto da saga Gears e que tamén poderase
mercar por separado a partires de dentro de dúas semanas por 64,99 euros.
Esta exclusiva Xbox One X chegará ás tendas o 6 de setembro,
Para os que non queiran unha Xbox One X en cor branco, tamén estará dispoñible unha
edición en negro co Gears 5 incluÃdo a un prezo recomendado de
499,99 euros, que chegarás ás tendas o 10 de setembro, data na que tamén sairá
á venda unha
versión da Xbox One S de 1 TB en cor branca co Gears 5 por 299,99
euros.
Estes lotes de consolas con xogo tamén incluirán o xogo Gears of War
Ultimate Edition e os xogos completos de Gears of War 2, 3 e 4,
ou sexa, que serán un conxunto moi atractivo para quen queira introducirse de vez
na franquÃa.
Outros produtos inspirado en Gears 5 que sairán en setembro á venda son
os auriculares Razer Thresher para Xbox One (auriculares sen fÃos que prometen
son envolvente sen retardos e un micrófono que capta a voz con grande nitidez),
o conxunto de rato e teclado Razer Turret para Xbox One (tamén compatible con
PC) e o disco
duro externo Game Drive de Seagate con 2 TB de capacidade e o logotipo de Gears
of War somerxÃdo en xeo.
Cómpre lembrar que a data de lanzamento de Gears 5 é o 10 de setembro,
pero os usuarios que se fagan coa súa edición de luxo terá acceso anticipado ao
xogo 4 dÃas antes.
VÃdeo promocional da edición limitada da Xbox One X de Gears 5