Garmin Vivofit 3, a pulseira que detecta automaticamente a actividade fÃsica que estamos a realizar
venres, 19 de febreiro do 2016
AÃnda que teñan unha fiabilidade máis que cuestionable, as
pulseiras de monitorización de actividade teñen o seu público, que as atopa
atractivas como elementos motivadores para manter unha maior actividade fÃsica
no dÃa a dÃa, e para facer o seu uso máis práctico e doado Garmin presenta a
súa nova
pulseira vivofit 3, que non só chega en distintos tamaños e formatos, senón
que tamén destaca por integrar a tecnoloxÃa Move IQ, que aseguran que é capaz
de rexistrar as diferentes actividades (camiñar, correr, ir en bicicleta e
nadar) sen ter que indicarllo manualmente, xa que recoñece os cambios de
movemento.
Esta nova pulseira chegará en breve ás tendas a un prezo de 119,99 euros no seu
modelo estándar en cor branca ou negra, estando dispoñible por 10 euros máis
unha versión extragrande en cor negra e, como grande novidade, por 139,99 euros
ofrecerán un lote de pulseiras con deseño de relevo.
A pulseira vivofit 3 no seu modelo estándar ten unha anchura de 22,3
milÃmetros, un grosor de 10,33 milÃmetros, un peso de 26 gramos, unha pantalla
de 10 x 10 milÃmetros (que pode facer de reloxo) e resistencia á auga (para
poder empregalo con tranquilidade na piscina ou na ducha). Funciona cunha
baterÃa CR1632 de tipo botón que achégalle unha autonomÃa de até un ano enteiro
e pode comunicarse co software Garmin Connect para poder consultar os
resultados rexistrados pola pulseira.
VÃdeo promocional da vivofit 3 de Garmin