Factura electrónica

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

GameStop pecha as súas tendas en Portugal e norte de Irlanda

mércores 25 de xaneiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

JPEG - 62.2 KB
Tenda de GameStop en Lisboa

Nun momento no que moitos dos centros comerciais galegos contan ata con 2 tendas de videoxogos sorprende ver que a cousa non vai igual de ben en todos os mercados, e a cadea GameStop (que actualmente ten 10 tendas en Galicia) vai cesar a súa actividade en Portugal o vindeiro 7 de febreiro, polo que pechará 13 tendas e pon así fin a unha aventura empresarial de 3 anos.
Este peche vén acompañado por unha liquidación de xogos con descontos de ata o 50% e, sorprendentemente, na páxina web da compañía en Portugal convidan aos visitantes a visitar a tenda en liña da cadea en España, dando a entender que servirá para atender os seus pedidos nos vindeiros meses.
GameStop tamén vén de pechar as súas tendas en Belfast, Derry e Newry, nunha reestruturación que parece provocada pola conxuntura económica actual, que afecta máis a uns territorios que a outros, pois as vendas de videoxogos como descargas aínda non é tan popular como para provocar o peche dos establecementos físicos (aínda que a longo prazo parece que será así, no que supón un suma e segue de establecementos comerciais que quedan obsoletos por mor dos avances na distribución dixital).

JPEG - 40.5 KB
En Irlanda do Norte xa botaron o peche varias tendas de GameStop
JPEG - 247.3 KB
A páxina web de GameStop anuncia o peche en Portugal da compañía e convida ao público a visitar a páxina web española da cadea de venda de videoxogos
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS