Game Informer adianta detalles dos vindeiros xogos de Batman

mércores, 10 de abril do 2013 Marcus Fernández

A revista de videoxogos Game Informer volve a sorprender cunha primicia mundial que ocupará a portada do seu número de maio: o xogo Batman: Arkham Origins, que será desenvolvido polo Warner Bros. Games Montreal, estudo que toma o relevo de Rocksteady Studios partindo do motor Unreal empregado por eles nos anteriores xogos da franquía Batman: Arkham para conservar así a aparencia tan característica destes xogos de grande éxito.
En Batman: Arkham Originis teremos unha historia ambientada nunha Noiteboa anterior aos acontecementos de Batman: Arkham Asylum, nun momento no que Batman tiña como principal preocupación ao mafioso Black Mask, que puxo prezo á cabeza do cruzado da capa e incluso a Policía estará a perseguir ao heroe, polo que haberá que descubrir por que Black Mask quere ver a Batman morto e demostrarlle aos bos policías quen está do seu lado.

JPEG - 135.4 KB
Batman: Arkham Origins manterá as mecánicas de combate dos seus predecesores

O xogo conservará as mecánicas de combate anteriores, engadindo novidades para facelo máis rico, non faltará o batgancho e os modos detective/depredador, poderase intervir en situacións de delito para gañar prestixio entre a Policía, aparecerán numerosos viláns fóra da trama principal e, en definitiva, teremos un xogo máis completo, pese a ambientarse nun momento anterior aos seus predecesores.
Batman: Arkham Origins ten confirmado o seu lanzamento para PlayStation 3, Xbox 360, Wii U e PC, pero para non esquecer ás plataformas portátiles, os usuarios de PS Vita e Nintendo 3DS terán o xogo Batman: Arkham Origins Blackgate, desenvolvido por Armature (estudio detrás da Metal Gear Solid HD Collection para PS Vita) que estará ambientado despois do título anterior e ambientado na penitenciaría de Blackgate, onde Batman terá que pór fin a un motín.
Neste caso preséntase un Batman animado en 2 dimensións, nunha aventura de desprazamento lateral na liña de clásicos como Metroid ou Castlevania, e procurará animar a recoller os numerosos obxectos e melloras que irán xurdindo polos pasaxes da prisión.
Aínda que esteamos nun xogo en 2D, opta por empregar a profundidade, de xeito que poderase xogar en 2 planos (no que habitualmente coñécese como 2.5D) e no que respecta aos combates, seguirán unha mecánica fluída semellante á dos xogos de consola doméstica.

JPEG - 90.6 KB
No xogo Batman deberá enfrontarse a múltiples inimigos coñecidos polos seareiros do cabaleiro escuro
JPEG - 110.9 KB
Nesta nova aventura, Black Mask pon prezo á cabeza de Batman
JPEG - 124.9 KB
Non falarán inimigos coma o Pingüín

PUBLICIDADE