Galaxy A03, o novo móbil de entrada de Samsung
venres, 26 de novembro do 2021
Entre os dispositivos móbiles de entrada de Samsung temos
actualmente o Galaxy A03s, que cun prezo de 150 euros ofrece pantalla de 6,5
polgadas e unha cámara traseira cun sensor principal de 13 MpÃxeles, que pronto
vai ter un interesante compañeiro de gama, o Galaxy
A03, do que aÃnda non coñecemos prezo nin data de lanzamento, pero o feito
de que aposte por unha cámara traseira de 48 MpÃxeles apoiada por un sensor de
profundidade de 2 MpÃxeles fai crer que estaremos ante un produto que vai ter
boas vendas entre os que buscan un móbil económico dunha marca coñecida.
O Galaxy A03 chegará ao mercado cun procesador de 8 núcleos e configuración con
3/4 GB de RAM e 32/64/128 GB de almacenamento interno, asà como con carcasas en
negro, azul e vermello, de xeito que terá unha diversidade de terminais que
facilitará a súa adaptación a distintos niveis de esixencia e prezo.
Este teléfono chegará cunha pantalla HD+ de 6,5 polgadas cunha pestana superior
que alberga unha cámara frontal de 5 MpÃxeles. Tamén incorpora son Dolby Atmos
e, como grande reclamo, ten unha baterÃa de 5.000 mAh que promete unha magnÃfica
autonomÃa.