Galactic Reign un novo xogo que funciona simultaneamente en Windows Phone e Windows 8

mércores, 13 de marzo do 2013 Marcus Fernández

Hoxe chega á tenda de descargas de Windows Phone o xogo de estratexia de expansión e conquista por quendas Galactic Reign a 4,99 euros, no que hai que colonizar planetas, deseñar naves e construír frotas para dominar a galaxia. Pode xogarse de xeito individual a través de multitude de misións, pero boa parte do seu atractivo figura no enfrontamento con outro xogador ao cruzase as frotas rivais, momento no que a batalla cárgase á nube. O xogo tamén está dispoñible para Windows 8 por 3,99 euros, aceptando o xogo cruzado entre plataformas, de xeito que unha partida iniciada nun ordenador con Windows 8 pode continuarse nun móbil con Windows Phone ou nun tablet con Windows RT.
Galactic Reign inclúe logros de Xbox e taboleiros de puntuación en liña, amosa espectaculares vídeos para representar escenas das batallas entre as naves dos distintos bandos e, como curiosidade, unha vez adquirido nunha plataforma, é posible instalar a versión de demostración no resto, para poder desbloquealas de balde, unha interesante posibilidade para quen queira levar as súas partidas nos seus distintos dispositivos baseados en tecnoloxía de Microsoft.


Vídeo promocional do xogo

PUBLICIDADE