Artigos desta sección
Honor presenta o seu novo smartphone encartable
Honor vén de estrear para o mercado europeo o smartphone encartable máis fino e lixeiro do mundo, cun grosor de 9,9 mm encartado e 4,7 mm despregado, o que é todo un logro só superado pola ousadía do seu prezo, xa que o Honor Magic V2 sae á venda a un prezo oficial de 1.999 euros, cando o seu competidor máis directo, o Samsung Galaxy Z Fold5 con 512 GB de (...)
Ler máisOnePlus presenta os seus novos móbiles insignia
Dende OnePlus parecen querer desprenderse da súa imaxe de alternativa económica aos móbiles de alta gama, para facerse un espazo de seu nesta categoría de produtos, de aí que o seu novo OnePlus 12 vaia chegar ao mercado a un prezo próximo ao milleiro de euros, aínda que cómpre matizar que as súas especificacións están á altura de tal prezo, aínda que será (...)
Ler máisRoland presenta unha mesturadora compacta para facer streaming
Para a realización de directos a través da Internet fixéronse moi populares tanto as interfaces de audio para poder empregar micrófonos profesionais como as capturadoras e mesturadoras de vídeo para poder gozar de vídeo de calidade achegado de cámaras, ordenadores e consolas de videoxogos, e para unificar todo isto Roland presenta unha atractiva solución: a (...)
Ler máisÁbrense as reservas das Vision Pro nos EE.UU.
O vindeiro 2 de febreiro chegarán ás tendas estadounidenses as agardadas Apple Vision Pro, pero hoxe abriuse o proceso de reserva con grande expectación, xa que, pese ao seu elevado prezo, moitos querían ser os primeiros en vivir a experiencia revolucionaria que promete a compañía de Cupertino e sabíase que o número de unidades dispoñibles inicialmente ía ser (...)
Ler máisOs novos Samsung Galaxy S24 apostan con forza pola IA
Samsung celebrou hoxe o seu Galaxy Unpacked, evento de presentación dos novos móbiles da serie Galaxy S24, que chegarán ás tendas o vindeiro día 30, e que destacan por levar aos usuarios á nova era da intelixencia artificial móbil, xa que a meirande parte das súas novidades están baseadas na aplicación da IA a funcionalidades do smartphone que poden ir dende a (...)
Ler máisO DJI Mic 2 convértese nunha das solucións máis versálites para a gravación sonora sen fíos
O pasado mes de outubro chegou ao mercado a cámara DJI Osmo Pocket 3, que entre as súas funcionalidades destacaba por poder empregar un micrófono sen fíos DJI Mic 2 sen precisar de contar cun receptor para tal accesorio. A funcionalidade era especialmente rechamante porque o micrófono DJI Mic 2 aínda non estaba á venda, e finalmente está aquí, como unha (...)
Ler máisXiaomi presenta os novos Redmi Note 13
Xiaomi celebrou hoxe o lanzamento oficial para España da súa serie de móbiles Redmi Note 13, que aspira a ser un ano máis a que sexa referente en vendas no noso territorio, e que desta volta teñen 5 modelos diferentes permitindo así axustarse a un amplo abano de petos.
Ler máisDJI presenta o seu primeiro dron de carga
Levamos anos escoitando falar dos drons para realizar envíos nos que están a traballar compañías como Amazon, e o que parecía unha simple estratexia de márketing para conseguir publicidade de balde, paulatinamente vai converténdose nunha realidade, e agora é o máis importante fabricante de drons de consumo a nivel mundial, DJI, o que entra neste sector co DJI (...)
Ler máisSatechi actualiza a súa base para ampliar a conectividade e o almacenamento dos Mac mini
Unha das principais preocupacións á hora de mercar un Mac mini ou un Mac Studio está na súa configuración inicial, xa que ao ser equipos con memoria unificada non é posible ampliar a RAM nin o almacenamento SSD despois. Resulta bastante complicado acadar certo equilibrio, xa que Apple incrementa de xeito estratosférico o prezo das ampliacións, de xeito que, (...)
Ler máisRabbit presenta un orixinal asistente de IA
Aproveitando a celebración do CES presentouse un curioso dispositivo chamado r1, que nun tamaño semellante a un paquete de Post-It e cun peso de 115 gramos integra un procesador MediaTek Helio P35, 4 GB de RAM, 128 GB de almacenamento, conector USB-C, rañura para tarxeta SIM, Wi-Fi, pantalla táctil de 2,88 polgadas, un botón, unha roda de desprazamento e (...)
Ler máis0 | ... | 10 | 20 | 30 | 40 | 50 | 60 | 70 | 80 | 90 | ... | 6400