GTA V</Em> supera os 1.000 millóns de dólares en vendas

venres, 20 de setembro do 2013 Marcus Fernández

O lanzamento de Grand Theft Auto V é sen dúbida un dos máis sonados de 2013, e tras estimarse que nas primeiras 24 horas ingresou 800 millóns de dólares (algo bastante predicible se temos en conta o elevado volume de reservas que tiña o xogo), temos que Take-Two Interactive Software confirma que o aclamado xogo superou os 1.000 millóns de dólares en vendas durante os seus tres primeiros, segundo estimacións da compañía, polo que converteríase no produto de lecer en acadar tal resultado máis rápido, superando non só a Call of Duty: Black Ops II (xogo que tardou 15 días en xerar tal volume de ingresos) e Los Vengadores (filme que tardou 19 días en superar tal marca, aínda que este caso posiblemente non poida servir como comparación porque a súa estrea non foi global).
Resulta evidente que este elevadísimo volume de vendas foi posible en boa medida porque o xogo chega a PS3 e Xbox 360 cando a actualmente xeración de consolas está madura e cun parque impresionante, mentres que a nova xeración aínda non aterrou nas tendas, polo que este título soubo aproveitar o momento e, polo momento non parece que o xogo vaia adaptarse a consolas de nova xeración (a única versión que poderíamos ver a medio prazo sería a de PC, e en Change.org incluso xuntaron medio milllón de sinaturas pedido tal).

PUBLICIDADE