GTA 3 celebra o seu 10º aniversario adaptándose aos móbiles

mércores, 7 de decembro do 2011 Marcus Fernández

Imaxe do xogo na súa versión para Android

Rockstar Games anunciou que o vindeiro 15 de decembro, para celebrar o décimo aniversario do xogo Grand Theft Auto III, vai publicar na App Store e no Android Market unha conversión a dispositivos móbiles do seu popular xogo, que supoño a renovación da saga e creou as bases de grandes éxitos como GTA 3: San Andreas e GTA IV.
O prezo de Grand Theft Auto III: 10 Year Anniversary Edition será de 4,99 dólares (3,99 euros) e no caso de iOS funcionaría no iPad, no iPhone 4/4S e no iPod Touch de 4ª xeración, mentres que para dispositivos móbiles confírmase a compatibilidade para móbiles como o HTC Rezound, LG Optimus 2x, Motorola Atrix 4G, Motorola Droid 4G, Motorola Droid X2, Motorola Photon 4G, Samsung Galaxy R e T-Mobile G2x e os tablets Acer Iconia, Asus Eee Pad Transformer, Dell Streak 7, LG Optimus Pad, Motorola Xoom, Samsung Galaxy Tab 8.9/10.1, Sony Tablet S e Toshiba Thrive.

Imaxe da versión para iOS do GTA 3

O xogo funcionará tanto en móbiles como tablets Android


Vídeo co que Rockstar celebrara anteriormente o 10º aniversario de GTA 3

PUBLICIDADE