GPD Win 2, a consola portátil que realmente é un ordenador en miniatura
luns, 15 de xaneiro do 2018
En
2016 veu a luz a GPD Win, unha especie de consola de videoxogos portátil
que realmente era un ordenador portátil de tamaño moi reducido, e os seus responsables
están a preparar a súa sucesora, a GPD
Win 2, que está a buscar financiamento en IndieGoGo, plataforma de
micromecenado na que é posible facerse con esta máquina con hardware renovado
por 649 dólares (529 euros), o que suporÃa un 27% de desconto fronte ao prezo
que pretenden que se venda o produto cando sexa unha realidade comercial.
A GPD Win 2 serÃa unha consola portátil cun procesador Intel Core m3-7Y30 e
gráfica Intel HD 615, con 8 GB de RAM e 128 GB de SSD en formato M.2, pantalla
H-IPS de 6 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles e dúas baterÃas de
4.900 mAh que permiten unha autonomÃa de entre 6 e 8 horas, todo dentro dun
corpo de só 162 x 99 x 25 milÃmetros.
A intención deste trebello é poder correr populares xogos para PC a xeito de
consola portátil, no que algúns verán agora un concepto bastante próximo grazas
á Nintendo Switch, aÃnda que desta volta temos un teclado QWERTY no corpo da
máquina que tamén integra panca de xogo a ambos lados, cruceta dixital e botóns
de disparo.
Tamén podemos empregar o seu porto micro HDMI para facer uso de pantallas
externas (soportando unha resolución de até 4.096 x 2.304 pÃxeles).
Se ben a GPD Win 2 non é unha máquina de moita potencia, comparable a
portátiles para gaming, achega un
rendemento suficiente para correr dignamente xogos como Grand Theft Auto V, League of
Legends, DOTA2, World of Warcraft ou Overwatch sempre que non se empregue
unha configuración gráfica elevada, converténdose nunha interesante solución
para os xogadores de PC que busquen unha alta mobilidade, ou incluso que queiran
tamén gozar do amplo catálogo de xogos e emuladores dispoñibles para Windows
10, sistema operativo que emprega a GPD Win 2. Prevese que o produto comece a remitirse
aos seus mecenas no mes de maio.
- A GPD Win 2 pode empregarse como un ordenador portátil ordinario, xa que funciona con Windows 10
Prototipo da GPD Win 2 correndo o xogo Overwatch