GAIN contabilizou case medio de cento de solicitudes das axudas de Conecta Hubs
luns, 10 de maio do 2021
- Patricia Argerey, directora de GAIN, nunha vÃdeo-conferencia de traballo
Ao
abeiro
da nova liña de axudas Conecta Hubs, a Axencia Galega de Innovación
(GAIN), recibiu un total de 48 solicitudes para financiar
proxectos aliñados cos obxectivos dos Hubs de innovación dixital
declarados estratéxicos para Galicia, Dihgigal e Datalife, e
enfocados a mellorar os procesos de dixitalización das pemes
galegas, asà como a creación de produtos e servizos
tecnoloxicamente avanzados.
A
convocatoria, que conta cun orzamento de 6,8M€ e foi pechada o
pasado 22 de abril, busca financiar proxectos colaborativos nos que
participen unha agrupación de entre dúas e seis empresas galegas e
orientados a resultados.
Outro
requisito exixido é que os proxectos estean aliñados coas áreas de
traballo dos Hubs galegos de innovación dixital: Dihgigal, liderado
polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), e
Datalife, liderado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das
Ciencias da Vida (Bioga), co fin de que lles permita avanzar na súa
especialización e consolidación dentro do marco da Estratexia RIS3
de Galicia.
GAIN
fai saber no seu balance que dos 48 proxectos de innovación dixital
que aspiran á subvención están implicadas 168 empresas galegas,
das cales 150 son pemes e 18 son grandes firmas que actúan como
tractoras. Todas elas pertencen ás cadeas de valor aglutinadas nos
dous Hubs e que representan á practica totalidade do tecido
produtivo da rexión: alimentación, biotecnoloxÃa,
forestal-madeira, saúde, mar-industria, naval, automoción, TIC,
téxtil, pedra e aeronáutica.