Fundas de pel para disfrazar de libros o iPad 2 e o MacBook Air

mércores, 13 de abril do 2011 Marcus Fernández

As fundas de Pad & Quills permiten confundir os nosos trebellos entre libros

A compañía Pad & Quills parece ter atopado un bo nicho de mercado ao fabricar fundas para dispositivos coma o MacBook Air ou o iPad 2, cun acabado de pel e unha aparencia de libro, o que ten dunha dobre funcionalidade: protexer os trebellos electrónicos durante o seu transporte e permitir que pasen desapercibido.
The Cartella é a funda que teñen para o MacBook Air, nos seus modelos de 11 e 13 polgadas a prezos de 79,99 e 89,99 dólares respectivamente. Este accesorio serve de funda de transporte, e unha vez aberta tamén pode empregarse coma soporte para manter lixeiramente inclinado o portátil durante o seu uso (facendo máis cómodo o seu teclado e illando o equipo do escritorio ou mesmo do colo do usuario).
The Octavo é o nome que dan á nova funda para o iPad 2, que está á venda por 59,99 dólares, e que é o deseño máis delgado producido por Pad & Quills. Está dispoñible en 3 cores distintas, por 10 dólares adicionais pode encargarse cun peto interior, e conta cun orificio para facilitar o uso da cámara do iPad 2 coa funda posta. Con este accesorio o tablet de Apple non só ten a aparencia dun libro, senón que tamén pode agarrarse dun xeito semellante.

The Cartella protexe o MacBook Air durante o seu transporte
The Cartella pode servir de soporte para o MacBook Air
The Octavo ten un acabado moi semellante ao dun libro
O iPad 2 pode empregarse comodamente coa funda The Octavo posta
The Octavo inclúe un orificio para a cámara do iPad 2

PUBLICIDADE