Fujitsu adapta un ultraportátil para o seu uso por cativos
mércores, 2 de setembro do 2009
- O Lifebook T1010 inclúe a interface Magic Desktop para facilitar o seu uso por nenos de 2 a 10 anos
O ultraportátil
Lifebook T1010 de Fujitsu adáptase aos cativos de entre 2 e 10 anos
grazas ao software Magic Desktop, que
crea un contorno educativo, animado e seguro no que os nenos poden aprender a
manexar o PC á vez que escriben, pintan ou fan exercicios de matemáticas.
Este Tablet PC conta cun procesador Core 2 Duo con tecnoloxÃa Intel Centrino 2,
Windows Vista Business, Wi-Fi, Bluetooth, 3G, pantalla rotatoria bidireccional
de 13,3 polgadas e apenas 2 quilos de peso.
Tamén inclúe unha ferramenta para que os pais poidan controlar o uso que os
cativos fan da Internet ou incluso facer de coidadora virtual, para non deixar
xogar aos nenos ata que rematen as súas tarefas.