Fujifilm presenta unha nova cámara sen espello capaz de enfocar a escuras
mércores, 23 de outubro do 2019
Fujifilm
anunciou que en
novembro porá á venda a cámara dixital sen espello Fujifilm X-Pro3, nova
integrante da serie X-Pro, popular entre fotógrafos profesionais e entusiastas
que traballan principalmente en fotografÃa documental e de reportaxes, grazas
ao seu estilo clásico telemétrico, á súa portabilidade e aos seus diais (que
permiten un uso intuitivo).
A Fujifilm
X-Pro3 ten un corpo duradeiro,
grazas ao uso de titanio para as seccións exteriores. A cámara conta cun sensor
retroiluminado X-TransTM CMOS 4 de 26,1 MpÃxeles e cun motor de procesamento de
imaxes X-Processor 4, para garantir un rendemento axeitado e unha calidade de
imaxe propia dun dispositivo desta gama. Destaca por facer uso de enfoque
automático por detección de fase que opera agora cunha luminancia de -6EV, ou
sexa, case na escuridade total.
O seu novo visor hÃbrido avanzado conta cun panel EL orgánico cunha resolución
de 3,69 puntos, e tamén dispón dunha alta luminancia e reprodución avanzada da
cor para axudar aos fotógrafos e mellorar a experiencia co visor. Tamén conta
cun modo de simulación de pelÃcula CLASSIC Neg, que simula a pelÃcula negativa
en cor que se empregaba habitualmente para as instantáneas cotiás.
A cámara tamén pode gravar vÃdeo 4K até a 29,97 imaxes por segundo a 200 Mbps
en formato MPEG-4 AVC/H.264.
VÃdeo promocional da cámara Fujifilm X-Pro3