Fujifilm presenta unha cámara sen espello de grande formato
xoves, 23 de maio do 2019
Dende
Fujifilm presenta hoxe a impresionante cámara dixital sen espello
GFX100 que destaca por incorporar un sensor de grande formato de 102
MpÃxeles e cun diámetro aproximado de 55 milÃmetros, de xeito que converterase
no novo modelo emblemático da familia de cámaras sen espello GFX. Ao contar cun
sensor de 43,8 x 32,9 milÃmetros goza dunha área 1,7 veces maior que a dun
sensor de fotograma completo de 35
milÃmetros, o que permÃtelle captar imaxes coa máxima calidade.
A GFX100 presenta un sensor retroiluminado con pÃxeles de detección de fase e
co obxectivo GF63mmF2.8 consegue un enfoque o dobre de rápido que o de modelos GFX
anteriores e un enfoque automático continuo máis preciso. Como punto
diferencial neste formato tamén inclúe estabilización de imaxe no corpo (IBIS),
o que permÃtelle unha estabilización de imaxe de 5 eixes, conseguindo asà grandes
imaxes incluso con cámara en man, asà como gravación de vÃdeo en ultra alta
definición.
Para completar o produto temos que está fabricando nun corpo de aliaxe de
magnesio resistente ao po e ás inclemencias meteorolóxicas, é lixeiro e robusto
e integra empuñadura vertical. O visor electrónico da cámara ten unha
impresionante resolución de 5,76 MpÃxeles, destacando por poder extraerse e
inclinarse; na traseira da cámara hai unha pantalla táctil LCD de 3,2 polgadas
de 2,36 MpÃxeles que pode inclinarse en tres direccións; e a cámara tamén
inclúe pequenas pantallas LCD nas partes superior e traseira para amosar
información de utilidade.
Sen dúbida, un produto impresionante que sairá á venda no mes de xuño, e que nalgunhas
tendas norteamericanas adiantan que custará 9.999 dólares.
Un dos vÃdeos promocionals da Fujifilm GFX100