Fujifilm anuncia unha cámara sen espello capaz de rexistrar o infravermello
luns, 3 de agosto do 2015
Fujifulm anunciou hoxe unha nova versión da súa cámara micro
catro terzos Fujifilm
X-T1 que presume de ser a primeira cámara da serie X con tecnoloxÃa de
infravermellos, o que permÃtelle ver luz dende o ultravioleta, o espectro
visible e o infravermello, á vez que tira proveito dos obxectivos Fujinon XF
para conseguir uns magnÃficos resultados.
A cámara
Fujifilm X-T1 IR pode resultar de utilidade para expertos de distintos
ámbitos, como a diagnose clÃnica, escenas de crimes ou contornos cientÃficos, xa
que a tecnoloxÃa de infravermellos ábrelles numerosas posibilidades, xa que
amosa información que non resulta visible para o ollo humano.
A nova cámara de Fujifilm, que ofrece un grado profesional para a captación de
imaxes nun amplo espectro de imaxes, conta cun sensor CMOS II de 16,3 MpÃxeles,
un procesador EXR de grande velocidade, un visor OLED de 2,36 MpÃxeles, unha
pantalla LCD abatible de 3 polgadas e un corpo resistente ao po e á auga. Permite
realizar time lapses e pode gravar
vÃdeo en numerosos formatos chegando até Full HD a 60 cadros por segundo. Sairá
á venda no mes de outubro e o seu prezo nos EE.UU. será de 1.699,95 dólares (1.551,69
euros).