Fresqui podería desaparecer por mor dunha serie de ataques informáticos

martes, 6 de novembro do 2007 Marcus Fernández

O servizo de recomendación de novas Fresqui, que leva tempo pretendendo facer fronte ó éxito e Menéame.net, está a pasar malos momentos, pois segundo o seu máximo responsable, Alejandro del Castillo, están a padecer ataques informáticos que fan que a súa web leve inaccesible durante boa parte dos últimos días (no momento de escribir estas liñas o servidor web estaba caído), ante o que aseguran que están a tomar medidas técnicas e legais.
Esta situación podería levar ó peche temporal e mesmo definitivo desta plataforma da Web 2.0 que non acababa de consolidarse, mentres que o seu principal competidor, Menéame, parece estar a espertar interese mesmo da súa fonte de inspiración, Digg, empresa coa que poderían colaborar ou mesmo fusionarse, a que Digg está a expandirse internacionalmente e a posición gañada por Menéame podería serlle de grande axuda na tarefa.

PUBLICIDADE