Freescale anuncia un tablet a menos de 200 dólares

luns, 4 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Os equipos tipo tablet parecen destinados a ser as estrelas do CES de Las Vegas que terá lugar a finais desta semana, e dentro deste amplo abano de novos dispositivos Freescale Semiconductor quere apostar polo baixo custo, e vai presentar o seu propio smartbook baseado nun procesador Freescale i.MX515 (tipo ARM Cortex-A8) e con pantalla táctil de 7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, 512 Mb de RAM, de 4 a 64 Gb de almacenamento, cámara de 3 Mpíxeles, acelerómetro, sensor de luz ambiental, Wi-Fi, Bluetooth 2.1, GPS, 3G (opcional), batería de 1.900 mAh, soporte de Flash e sistema operativo Linux ou Android por un prezo que agardan que non chegue aos 200 dólares.
Estes dispositivos medirían 200 x 128 x 149 milímetros, pesarían 376 e non precisarían de ventilador (polo que o seu funcionamento sería moi silencioso). Servirían para navegar pola web, reproducir contidos multimedia e visualizar documentos ofimáticos. Tamén contarían con widgets para Twitter, Facebook, Flickr ou servizos de información meteorolóxica.

Os equipos estarán dispoñibles nunha ampla gama de cores

PUBLICIDADE