Freddy Hardest volve como xogo de balde para iOS e Android
luns, 28 de abril do 2014
A
pasada fin de semana tivo lugar unha nova edición de RetroMadrid, evento que este ano
empregaba como imaxe promocional a portada do xogo de 1987 Freddy
Hardest, o que non era unha casualidade, pois no encontro de seareiros
de informática clásica fixo acto de presenza VÃctor RuÃz (a quen hai pouco
puidemos ver en Compostela), para amosar algún dos seus novos proxectos
baixo o selo Lakento, entre os que destaca un motor HTML5 para crear
videoxogos para a web e dispositivos móbiles, que para amosar o seu
potencial estréase cun videoxogo
de balde para iOS e Android,
Mighty Freddy Alien
Terminator, un runner con
aire retro que podemos considerar como unha especie de remake do Freddy Hardest orixinal,
adaptando a súa mecánica a dispositivos con pantalla táctil.
Mighty Freddy permite personalizar o
personaxe con armas, melloras e vehÃculos, conta con elementos sociais para
instar a competir cos amigos e ofrece uns gráficos pixelados moi ao gusto dos amantes do retro.
Realidade virtual de baixo custo
Pero esta non foi a única novidade presentada por Lakento, compañÃa que tamén
está a preparar o Lakento MVR,
un visor que permite colocar no seu interior un smartphone no que amosar imaxes
estereoscópicas side-by-side, o que
permitirá crear unha experiencia de realidade virtual de baixo custo, asà como
a posibilidade de ver contidos en 3D. AÃnda que non ten data de lanzamento
fixada, xa aceptan reservas (para as primeiras 1.000 unidades), para o que
haberá que adiantar 60 euros para facerse con esta curiosa solución que
incluirá códigos de activación para un par de aplicacións: Sharks VR (un xogo de realidade virtual submarina) e Flirt AR (un xogo que realidade
aumentada).