Forza Motorsport 6 será exclusivo para Xbox One

martes, 13 de xaneiro do 2015 Marcus Fernández

Co gallo da celebración do North American International Auto Show de Detroit, Microsoft e Turn 10 estudios anunciaron oficialmente o xogo Forza Motorsport 6, que será un título exclusivo para Xbox One e que dáse a coñecer ao mesmo que o novo Ford GT, que será o seu vehículo de portada. No xogo tamén aparecerán outros coches como o Shelby GT350 Mustang e o F-150 Raptor, que tamén se poden ver estes días na feira do motor que enmarca esta presentación.
Teremos que agardar até o E3 (feira de videoxogos que terá lugar en xuño) para coñecer máis detalles sobre o novo Forza, pero é de agardar que esteamos ante un importante salto adiante na simulación automobilística na que esta franquía conseguiu un bo equilibrio entre diversión e experiencia realista, de xeito que é do agrado tanto para amantes ao mundo do motor como para simples xogadores.


Vídeo de presentación de Forza Motorsport 6