Forza Motorsport 4 estrea demo

luns, 3 de outubro do 2011 Marcus Fernández

O considerado como mellor xogo de condución durante a feira de E3 deste ano, Forza Motorsport 4, chegará ás tendas o 14 deste mes para Xbox 360, con máis de 500 coches recreados con grande realismo, novas opcións en liña a través de Xbox LIVE e compatibilidade con Kinect, e dende hoxe mesmo os usuarios Gold de Xbox LIVE poden descargar de balde a súa versión de demostración, que ocupa 1,27 Gbytes e inclúe o modo de Carreira Rápida no circuíto de Bernese Alps con varios vehículos (Mercury Cougar Eliminator, Kia cee’d, Subaru WRX STI 2011 e Ferrari 599 GTO).
A demo de Forza Motorsport 4 tamén estará dispoñible para usuarios de balde de Xbox LIVE a semana que vén.

A nova entrega de Forza volve a sorprender polo seu realismo

PUBLICIDADE