Fortnite viste de Balenciaga
luns, 20 de setembro do 2021
Epic Games presenta unha das campañas de colaboración con
outras marcas máis inesperadas, xa que introduce
en Fortnite deseños de Balenciaga, que poderán agora vestilos
RamÃrez, Perrete e moitos outros, para expresarse no xogo dun modo nunca visto.
Fortnite recibe elementos cosméticos como os traxes de RamÃrez
desencadeada, Banshee á moda e Cabaleiro gamer, destacando o feito de que a
indumentaria dixital de Perrete está baseada nunha colección
real de Fortnite e Balenciaga que chegará a tendas de todo o mundo e
que tamén pode adquirirse en liña.
Resulta bastante rechamante ver como un xogo orientado á mocidade inspira
produtos de luxo, como camisetas de 365 euros, gorras de 295 euros, suadoiros
con capucha de 565 euros e chaquetas de 990 euros que locen o logotipo de Fortnite
acompañado pola marca Balenciaga, cando intuitivamente pensariamos que ambos
selos pertencen a mundos radicalmente diferentes.
Volvendo ao xogo de Epic Games, aparte dos traxes mencionados tamén estarán dispoñibles
distintas mochilas co estilo Balenciaga que poderán empregarse como accesorio;
o estilo da marca de alta costura tamén estará presente na arma Pico
Deportiva desenfreada, nunha á delta, nun envoltorio e nun xesto. Tamén será
posible desbloquear graffitis de Perrete á moda e de Aspecto de cabaleiro.
- Que Balenciaga lance unha liña de produtos inspirados en Fortnite é toda unha sorpresa
VÃdeo no que presentan a liña de Balenciaga dentro de Fortnite