Fortnite podería volver iOS vía web

xoves, 5 de novembro do 2020 Marcus Fernández

A finais de agosto Apple expulsou a Epic Games da App Store por mor da violación das normas de uso de tal tenda de aplicacións móbiles, o que como consecuencia tivo que os xogadores de iPhone e iPad non poden gozar do célebre xogo Fortnite, que aseguran que ten uns 116 millóns de usuarios en iOS, dos que o 63% só accederían ao xogo dende dispositivos con iOS, o que sería un grande problema para eles, xa que agora non poden gozar dun dos xogos do momento.
Pero esta situación podería mudar en breve, dun xeito non moi satisfactorio, xa que aseguran que o servizo de xogo na nube de nVIDIA (GeForce Now) vai chegar a iOS antes do Nadal, non como aplicación ordinaria, senón como unha plataforma accesible vía web. Deste xeito sería posible que Fortnite volvese a iOS, non como un xogo instalado, senón como un xogo dispoñible en streaming que ao non depender dunha aplicación instalada respectaría as normas da App Store, aínda que para un correcto funcionamento precisaría dunha boa conexión á Rede.
Que poida chegar Fortnite a iOS a través de GeForce Now resulta un tanto rechamante xa que aínda non se confirmou que Fortnite vaia funcionar en plataformas que vaian máis aló de PC, Mac e Android.

PUBLICIDADE