Fortnite para Android podería chegar en primicia ao Galaxy Note 9

venres, 27 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Tras o éxito do lanzamento de Fortnite para iOS chegou o anuncio de que o xogo de moda contaría tamén con versión para Android, pero este lanzamento podería adiarse un chisco para a meirande parte de usuarios, xa que os últimos rumores aseguran que Fortnite para Android terá unha exclusividade de 30 días para o Samsung Galaxy Note 9 que presentarase ao público o 9 de agosto e que podería non chegar ás tendas até o 24 de agosto.
Tamén coméntase que os usuarios que reserven o Note 9 de Samsung tamén recibirán como recompensa cartos virtuais para Fortnite (paVos) por un valor de máis de 100 euros.
De ser certa estas informacións, os usuarios de Android non poderían gozar de Fortnite nos seus dispositivos móbiles até finais de setembro, o que non sería necesariamente unha mala nova, xa que o tempo entre o lanzamento parcial e o lanzamento definitivo podería aproveitarse para as probas que son tan necesarias en xogos deste tipo que aglutinan a millóns de usuarios simultáneos.

PUBLICIDADE