Fortnite para Android incorpora VoIP e chega a novos dispositivos
xoves, 6 de setembro do 2018
O lanzamento
de Fortnite para Android provocou moita
expectación por chegar de xeito paulatino a distintos dispositivos de alta gama
e dende fóra da tenda de aplicacións de Google, de xeito que a súa beta está a
converterse nun fenómeno ao que atender porque pode marcar os pasos que
seguirán outros proxectos móbiles que non queren compartir os seus ingresos
económicos con intermediarios innecesarios como Google.
Agora dende Epic Games detallan
que durante os 21 primeiros dÃas da beta de Fortnite
para Android rexistraron o acceso de máis de 23 millóns de xogadores, dos
que 15 millóns instalaron o APK, o que é un volume moi importante se temos
en conta que o xogo aÃnda está nunha beta pechada (sendo preciso unha
invitación para participar, agás que contemos cun terminal Galaxy de gama alta).
A creación dun instalador para o xogo foi todo un reto, asà como os problemas
de seguridade que foro xurdindo, asà como o ter que atender unha elevada fragmentación
dentro de Android, onde hai unha grande diversidade de configuracións de
hardware, aÃnda que dende Epic Games amosan a súa satisfacción ao ver o bo desempeño
do seu xogo incluso en terminais cun par de anos de antigüidade, grazas en boa
medida para as moitas optimizacións que están a facer no xogo, que está a
conseguir uns resultados máis que dignos, deixando ver que no futuro imos ter
xogos de móbil cunha potencia comparable á de moitos xogos de consola, grazas a
que a potencia de CPU e GPU dos móbiles non para de medrar ano tras ano.
Fortnite para Android está a facer
historia, ao ser o primeiro tÃtulo de consola e PC que aparece en Android como
xogo multiplataforma e con compatibilidade total, asà como tamén é o primeiro
grande xogo distribuÃdo fóra da tenda de aplicacións de Google. Amais, a última
actualización do xogo supón tamén grandes avances, ao abrirse o xogo a
smartphones das marcas Essential, Motorola, HTC e Sony e recibir VoIP (ou sexa,
que por fin pódese chatear por voz dende o móbil).