Foosball 2012</Em> achegará o futbolÃn a PS3 e PS Vita
venres, 23 de marzo do 2012
O estudo
checo Grip Games, responsables de xogos como The Imposible Game, MiniSquadron
e one Epic Game, están a preparar un novo
tÃtulo para PlayStation 3 e PS Vita que en España poderÃa gozar de boa
aceptación por trasladar
o futbolÃn ás consolas de videoxogos de Sony. Foosball 2012 contará con numerosas caracterÃsticas e modos de
xogo, varios tipos de mesa (estilo americano, estilo europeo...), posibilidades
de personalización, tipos de bola, tiros con efecto... elementos que
contribuirán a xogar durante horas.
Tamén permite socializar no seu modo
multixogador local de ata 4 persoas e un multixogador en liña que permitirá
enfrontarse a participantes de todo o mundo e ascender nunha clasificación
global. Estamos ante un tÃtulo multiplataforma que permitirá que se enfronten
usuarios de PS3 e PS Vita, e incluso permite que unha partida iniciada na PS3
poida continuarse na PS Vita.
Este novo xogo descargable que chegará na primavera á PlayStation Store é
compatible con PS Move na PS3 (conservando a compatibilidade con DUALSHOCK 3) e
tamén permite, opcionalmente, tirar proveito dos controis táctiles da PS Vita.
Trailer de Foosball 2012