Flappy Bird poderÃa volver ás tendas de aplicacións
mércores, 12 de marzo do 2014- FotografÃa do creador de Flappy Bird publicada pola revista Rolling Stone
O fenómeno de Flappy
Bird foi algo difÃcil de entender, non só polo impresionante volume de
descargas e partidas que acumulou a finais de xaneiro e primeiros de febreiro e
a súa posterior retirada das
tendas de aplicacións, senón tamén pola cantidade de imitacións que
xurdiron do mesmo a partir de entón, e, en vista do interese espertado, a
revista Rolling Stone contactou co seu creador, o vietnamita de 28 anos Dong
Nguyen, quen procurara afastarse da atención dos focos, xa que non colleu
con agrado a presión de converterse na primeira celebridade tecnolóxica do seu
paÃs.
Compartiu coa publicación norteamericana que creou Flappy Bird só como diversión, buscando facer un xogo que puidese
empregarse comodamente en mobilidade, empregando só un dedo como sistema de
control, filosofÃa que tamén compartirÃan os seus dous seguintes xogos (Shuriken
Block e Super
Ball Juggling), de xeito que está a especializarse en tÃtulos de balde
(con publicidade), cunha estética retro
e cunha mecánica de xogo algo masoquista
froito de combinar simplicidade cunha grande dificultade para conseguir boas
puntuación. Pero o éxito acadado por Flappy
Bird foi algo totalmente imprevisto, que provocou moita presión na vida de
Nguyen, chegando a provocarlle certo rexeitamento cara a súa criatura, que
chegou a renderlle máis de 50.000 dólares ao dÃa en publicidade, e que incluso
tras a retirada das tendas de descargas continuou instalado en moitos
terminais, de xeito que segue a xerar milleiros de dólares, o que permitiulle
deixar o seu traballo e levalo a pensar en mercar un coche e un apartamento.
Parece que finalmente as cousas non resultaron tan mal como o desenvolvedor
pensaba, e o éxito de Flappy Bird
permÃtelle agora ter tempo para facer xogos, estando actualmente a traballar en
tres tÃtulos (un shooter con temática
cowboy, un xogo de voo vertical
chamado Kitty Jetpack e un xogo de
xadrez de acción, Checkonaut) dos que
espera lanzar cando menos un este mesmo mes. Nguyen tamén asegurou que, aÃnda
que non pode volver xa á súa vida anterior, xa está recuperado polo trauma que
lle causou Flappy Bird, polo que está
a considerar a posibilidade de volver publicalo nas tendas de aplicacións.