Firefox lograr reter a un de cada catro usuarios que o proba
xoves, 9 de agosto do 2007
Os responsables de Mozilla aseguran que das
persoas que descargan algunha das versións de Firefox, a metade polo menos
remata por probalo, e a metade dos que o proban deciden empregalo coma navegador
predeterminado, substituÃndo ó Internet Explorer.
Segundo o artigo publicado por Dan Farber
& Larry Dignan para o portal de novas zdnet, estas cifras, malia que se
poden considerar un logro, caen por debaixo do que se puidera estimar nun
principio, tendo en conta que a taxa de cibernautas que se inclinan por este soft é moito maior ca un de cada catro.
Partindo da base de que o 25 por cento das
persoas que descargan o Firefox deciden usalo de forma cotiá, esta cifra supón
millóns de usuarios que fan o cambio, o que non é doado de acadar, xa que -en
definitiva- os dous programas fan basicamente o mesmo. Neste panorama de
competitividade, os dirixentes de Mozilla asumen o reto de tentar vencer a
barreira da preinstalación, que supón que se cada ordenador que sae da caixa
cun navegador -o Internet Explorer-, pouca xente vai sentir a necesidade de
mudalo por outro, o que fai necesario desenvolver un produto superior e
diferenciado (dise no dito artigo), ou polo menos una estratexia de mercado que
o presente como tal.
Na actualidade, os responsables do Firefox
están a levar a cabo unha combinación de melloras no produto e estratexia de
achegamento ao público xeral. Para a campaña en marcha da competencia da casa
Microsoft, os encargados de marketing
elaboraron unha listaxe de doce puntos para acadar a popularización do Firefox
e gañar a batalla fronte a Explorer. A primeira vista e coincidindo cos autores
do artigo, non semella que abonde aÃnda que algunha das medidas son moi
axeitadas.
O máis importante é lograr que a versión que baixemos
e instalemos no computador xa teña todos os plugins
listos e funcionando, algo que sen lugar a dúbidas é a primeira razón para
preferir ficar co Explorer. Os demais puntos inclúen: mellorar a páxina de
inicio, crear iconas máis doadas de asociar co feito de navegar na Rede, situar
mellor as iconas do sistema, mellorar a páxina de descarga do programa e o
apoio técnico en liña, entre outros detalles.
Tendo en conta que na actualidade Firefox parece ser a única alternativa viable ás deficiencias do Explorer -en especial no referido á seguridade-, moitos dos expertos cren que a retención do navegador fabricado por Mozilla deber ser maior, algo que se cadra poderá acadarse co paso do tempo.