Final Fantasy XIV terá unha versión renovada en poucos meses

xoves, 26 de xullo do 2012 Marcus Fernández

Square Enix anunciou que tras o desastroso desenvolvemento de Final Fantasy XIV, o xogo masivo en liña está a redeseñarse e verá a luz nunha versión 2.0 que responderá ao título de Final Fantaxy XIV: A Realm Reborn, e estará dispoñible para PC e PlayStation 3 a finais do presente ano ou a primeiros do ano que vén, cun apartado técnico renovado e centrándose no concepto clave do renacemento, cun novo mundo para explorar e unha liña argumental nova.
Para celebrar a recuperación deste título dende Square Enix estrean un trailer cinemático co que esperan recuperar o interese por un xogo que non conseguiu convencer no seu lanzamento inicial e que agora terá unha nova oportunidade:

PUBLICIDADE