Final Fantasy XIII non chegará a occidente ata abril de 2010
venres, 16 de xaneiro do 2009- Dende Kotaku ilustran con esta imaxe a demora do lanzamento occidental do novo Final Fantasy
Cando Square Enix
anunciou o pasado verán que Final Fantasy XIII deixaba de ser un xogo exclusivo para a consola de Sony fóra
do Xapón quedou patente a fin dos xogos exclusivos para unha
plataforma por parte de empresas alleas ás mesmas, dándose a entender que a
práctica totalidade dos xogos para PS3 tamén sairÃa para Xbox 360 (e viceversa)
pero ao presentar a desenvolvedora da saga RPG os seus bos
resultados financeiros se desvelou unha mala nova para os xogadores occidentais,
pois aÃnda que o novo Final Fantasy
vaia saÃr no Xapón en 2009, a súa versión internacional para Xbox 360 e PS3 non
chegará ata abril de 2010.
Foi o propio presidente de Square Enix, Yoichi Wada, quen deu esta nefasta nova,
que parece un desprezo aos xogadores europeos e norteamericanos (o que é
habitual dende o Xapón, incluso dende compañÃas coma Nintendo) aÃnda que
poderÃa responder á estratexia comercial de lanzar as versións de Xbox 360 e
PS3 simultaneamente, pois temos que lembrar que no Xapón non se comercializará
a versión do xogo para Xbox 360 (que foi a última en comezar a desenvolverse).