Final Fantasy VIII Remastered sae á venda

martes, 3 de setembro do 2019 Marcus Fernández

A oitava entrega da serie Final Fantasy, lanzada inicialmente para a PlayStation orixinal en 1999, que destacaba por afastarse de elementos fantásticos e do esquema de xogabilidade (baseado na acumulación de maxias en vez de na suba de nivel), volve ao mercada nunha edición remasterizada que podemos mercar dende hoxe para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC.
Final Fantasy VIII Remastered inclúe melloras, non só a nivel gráfico, senón tamén de personalización, para poder axustar a dificultade e a experiencia de xogo. Poderemos así contar con batallas máis doadas (barras de VIT e BTC ao máximo e límites sempre dispoñibles), a posibilidade de multiplicar a velocidade por 3, eliminar os encontros, contar con todos os obxectos e habilidade, gozar do nivel máximo GF, guiles máximos e maxia máxima ou contar con todos os límites e cartas.
O xogo sitúanos en Galbadia en tempos de guerra, tomando o rol de Squall, que xunto con outros membros de Seed, unha unidade de mercenarios de elite, unen forzas con Rinoa, da resistencia, para enfrontarse ao tiránico réxime da bruxa Edea.

Vídeo promocional de Final Fantasy VIII Remastered