Final Fantasy VII</Em> terá nova versión para PC en breve

xoves, 5 de xullo do 2012 Marcus Fernández

A saga de xogos xaponeses de rol Final Fantasy tiña un capítulo especialmente destacable, do que dende Square Enix aseguraban que non farían remake ata que tivesen outra entrega mellor para non eclipsar aos títulos actuais, pero agora sorpréndennos anunciando que vai relanzarse para PC e segundo a súa páxina web oficial proximamente teremos dispoñible Final Fantasy VII para PC, incluíndo 36 novos logros que superar, un modo de reforzo de personaxes (Editor) para non quedar atascado no xogo e a posibilidade de gardar as partidas na nube, facilitando que poidas conservar os teus progresos en calquera lugar onde teñas dispoñible acceso á Rede.
Na mesma páxina web tamén podemos ler que o xogo precisa para funcionar un ordenador con Windows XP/Vista/7 e como mínimo un procesador a 2 GHz, 1 Gb de RAM e unha gráfica compatible con DirectX 9.
Cómpre lembrar que o xogo tamén está dispoñible na PlayStation Store, para poder gozar do mesmo dende a PlayStation 3, a PSP e, en breve, a PS Vita.


Trailer do relanzamento de Final Fantasy VII para PC

PUBLICIDADE