Final Fantasy Type-0 chegará finalmente a occidente
mércores, 11 de xuño do 2014
O xogo de PSP Final
Fantasy Type-0 permaneceu inédito en occidente, o que levou a que no seu
dÃa un
grupo de entusiastas fixeran unha tradución non oficial ao inglés que podÃa
aplicarse ao xogo mediante un parche para poder gozar dun xogo que as
distribuidoras non se molestaran en sacar do Xapón, pero finalmente o xogo verá
a luz no noso territorio, aÃnda que non na súa plataforma orixinal, senón adaptado
ás consolas de nova xeración (Xbox One e PlayStation 4), de xeito que este
xogo de rol poderá gozarse dignamente nunha versión remasterizada, o que tamén permitirá que os seus gráficos experimenten
unha máis que considerable mellora.
Aparte de Final Fantasy Type-0 HD,
Square Enix tamén anunciou que vai lanzar en occidente o xogo Final Fantasy Agito (que parece ser unha variante do anterior), que chegará como free-to-play para iOS e Android, facendo
que os incondicionais desta franquÃa teñan cada vez máis opcións para poder
revivir entregas anteriores adaptadas aos novos soportes.
- Square Enix prepara Final Fantasy Agito para iOS e Android