Fíltranse imaxes e especificacións do Sony XPERIA SL

luns, 6 de agosto do 2012 Marcus Fernández

Parece que o novo smartphone con Android 4.0.4 de Sony, o XPERIA SL, vai ser moi coñecido polo público antes do seu anuncio oficial, pois na web circulan tanto fotografías como especificacións deste terminal que chegará en varias cores (negro, branco, prata, azul e rosa) e podería presentarse en Berlín o vindeiro día 29.
Estariamos ante un terminal cun procesador Snapdragon MSM8260 de dobre núcleo a 1,7 GHz, 1 Gb de RAM, 32 Gb de almacenamento interno, pantalla de alta definición de 4,3 polgadas, cámara traseira de 12 Mpíxeles con flash LED, cámara frontal de 1,3 Mpíxeles para videoconferencia, a banda luminosa propia da familia XPERIA baixo a marca de Sony e os botóns táctiles típicos de terminais Android.

O Sony XPERIA SL semella unha versión dopada do XPERIA S

PUBLICIDADE