Filtran o calendario de lanzamento de varios trebellos de Dell

luns, 26 de abril do 2010 Marcus Fernández

A semana pasada demos conta da filtración de varios produtos que prepara Dell, e agora esta información complétase coa publicación do que podería ser o calendario de lanzamento dos terminais comentados anteriormente, aos que incorporan 2 interesantes novidades, que serían un tablet con pantalla de 11 polgadas, alta conectividade (3G, Wi-Fi e Bluetooth) e sistema operativo Android e/ou Moblin que sairía a mediados de 2011 co nome de Dell Sparta, ao que seguirá un pouco despois o Dell Athens, equipo con prestacións semellantes, pero que incluiría tamén un teclado, para converterse nun ultraportátil que destacaría polo seu reducido peso (menos de 0,9 quilogramos).
De todos os xeitos, a información filtrada nestes días habería que collela con pinzas, pois entre outras cousas, ten uns prazos bastante longos, e o comportamento do mercado á hora de acoller aos novos móbiles con Android, ao iPad e a outros trebellos poderían afectar seriamente aos plans de Dell.

PUBLICIDADE