Filtran as especificacións dos Moto C e Moto C Plus
mércores, 12 de abril do 2017
Lenovo parece querer recuperar con forza a marca Motorola, e
tras a renovación dos Moto G cos novos
Moto G5 e G5 Plus (os primeiros Moto G con carcasa de aluminio) situándose como
os principais referentes nos smartphones de gama media, están agora a preparar
novos dispositivos de entrada, o que poderiamos
considerar como os sucesores dos Moto E, pero que desta volta mudarán o seu
nome e incluso poderÃan ter prezos de partida máis baixos, abrÃndose a un
público moi amplo.
Os
futuros Moto C e Moto C Plus serÃan smartphones con pantalla de 5 polgadas
que no modelo básico terÃan unha resolución de só 854 x 480 pÃxeles, mentres
que no modelo Plus gozarÃan de alta definición (1.280 x 720 pÃxeles). Estes
teléfonos terÃan distintas configuracións de hardware, de xeito que o Moto C
estarÃa dispoñible cun procesador MediaTek de 32 bits a 1,3 GHz, 1 GB de RAM,
8/16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante microSD), cámaras de 5 e 2
MpÃxeles, baterÃa de 2.350 mAh e conectividade 3G ou 4G en función do modelo;
mentres que o Moto C Plus serÃa un smartphone moito máis acorde ás necesidades
actuais, cun procesador de 64 bits a 1,1 GHz, 1 ou 2 GB de RAM (en función do
territorio), 16 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSD), cámaras de 8 e 2 MpÃxeles, baterÃa de 4.000 mAh e conectividade 4G.
Polo momento non se anunciaron oficialmente estes terminais, pero de confirmarse
as especificacións mencionadas parece evidente que o Moto C será un dispositivo
orientado a usuario moi pouco esixentes e a mercados emerxentes, mentres que o
Moto C Plus serÃa un terminal bastante recomendable para usuarios que non
demanden grandes prestacións pero queiran gozar dun smartphone cunha versión pura de Android e cunha boa autonomÃa.