FilmStruk anuncia o seu peche

venres, 26 de outubro do 2018 Marcus Fernández

En xuño recibimos por sorpresa en España a FilmStruck, unha nova plataforma de vídeo baixo demanda promovida por Time Warner que contando cun catálogo dun par de centos de títulos de grande calidade pretendía competir con plataformas como Filmin, pero finalmente nin sequera puidemos comprobar se este servizo tiña mercado no que facerse un oco, xa que vén de anunciar que deixará de operar a partires do 29 de novembro.
FilmStruck estaba dispoñible en EE.UU., Reino Unido, Francia e España, como un xeito de levar un importante catálogo directamente á súa audiencia e cunha identidade de seu, pero dá a impresión de que o servizo quedou moi lonxe de cubrir obxectivos, probablemente ante a proliferación de plataformas de streaming, que fan que o consumidor teñan que elixir as plataformas a contratar, o que vai en detrimento das máis minoritarias.

PUBLICIDADE