Fijifilm estrea unha aplicación para converter en webcams USB as súas cámaras

mércores, 27 de maio do 2020 Marcus Fernández

Ante a dificultade para facerse cunha webcam en condicións durante o confinamento Canon lanzou unha aplicación que facilitaba o uso das súas cámaras a xeito de webcams USB, e agora Fujifilm segue os seus pasos, e estrea unha solución para poder converter as súas cámaras GFX e da familia X en webcams instalando unha aplicación no ordenador e conectándoo coa cámara por cable, o que permite levar a calidade das videoconferencias a un nivel de calidade superior.
As cámaras compatibles coa aplicación Fujifilm X Webcam serían as GFX100, GFX 50S, GFX 50R, X-H1, X-Pro2, X-Pro3, X-T2, X-T3 e X-T4, e precisaría para funcionar unha versión de 64 bits de Windows 10.

PUBLICIDADE